"Kuc" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Xeólogo e naturalista. Asentou as bases da edafoloxía e da agronomía, e apuntou a primeira clasificación dos solos. Principiou as súas investigacións nos solos de tipo chernozem, en Ucraína, nos que descubriu que presentaban un perfil semellante, independentemente do substrato sobre o que se desenvolvese, o que permitiu demostrar que a edafoxénese dun solo está determinada principalmente pola vexetación que, á súa vez, está especialmente condicionada polo clima reinante. Deste xeito, en 1895 estableceu que os solos se desenvolven como resultado da interacción de cinco factores: o substrato de partida, o clima, os organismos, o relevo e o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Krizevci 14.1.1941) Político esloveno. Membro do partido comunista iugoslavo desde 1958, ocupou o seu primeiro cargo público como presidente do Parlamento esloveno en 1978-1982. Desde 1989 defendeu o sistema multipartidista e en 1990 foi elixido presidente. Declarou a independencia de Eslovenia en 1991 e foi reelixido presidente en 1992 e 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Göttingen, Baixa Saxonia 1911 -? 1976) Científico alemán. Discípulo en Göttingen de L. Prandtl e A. Betz, traballou en Aerodynamischen Versuchsanstalt na aerodinámica de propulsión. Interveu, entre outros, no proxecto do avión Concorde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Cajkin, Černihiv 1938) Enxeñeiro e político ucraíno. Foi director xeral de Yuzhmash (1986-1992), a empresa de construción de foguetes máis grande do mundo. En outubro de 1992, foi nomeado primeiro ministro pero dimitiu un ano máis tarde. En 1993 foi nomeado presidente da Unión Ucraína de Industriais e Empresarios e ao ano seguinte foi profesor na Universidade de Dnipropetrov’ske e membro da Academia de Enxeñería de Ucraína. Foi elixido presidente nas eleccións de 1994, e reelixido nas de 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do río Büyük Menderes.

    VER O DETALLE DO TERMO