"Lacio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 275.
-
-
Operación cirúrxica que consiste en extirpar unha parte danada do corpo.
-
Sublimación do material protector dun dispositivo debido a altas temperaturas. O control da ablación aprovéitase para illar os mecanismos dun foguete da calor desprendida polos gases expulsados, e para revestir os vehículos que teñan que entrar de novo na atmosfera.
-
Degradación e nivelación dun relevo pola acción do vento.
-
-
Perda de xeo sufrida por un glaciar debido a procesos de fusión ou sublimación.
-
zona de ablación
Parte terminal dun glaciar no que dominan os procesos de ablación. Alimenta as correntes de auga proglaciares.
-
-
Operación cirúrxica que consiste na extirpación do clítoris e, en ocasións, dos beizos da vaxina. É unha práctica tradicional que pervive en moitos países africanos e musulmáns non africanos. Polo xeral, realízase ás costas da sanidade oficial, o que pode provocar numerosas enfermidades derivadas da falta de hixiene, mesmo a morte. Malia a espallada identificación desta práctica co islamismo non semella estar directamente vencellada co Islam nin coas outras relixións monoteístas (xudía e cristiá) da área de expansión xeográfica desta práctica, senón con prácticas sociais anteriores relacionadas co tránsito da nenez á vida adulta. Se ben durante moito tempo a cultura occidental quixo ver na ablación do clítoris unha práctica hixiénica, hoxe adoita interpretarse como un mecanismo social de limitación da muller á función de reprodutora da comunidade, pois a extirpación do clítoris e outras partes da vaxina, non impedindo a reprodución, impide o completo disfrute sexual feminino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 23 de marzo de 1967 por iniciativa do decano do Colexio de Avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, e de varios membros da xunta de goberno do mesmo. Entre os primeiros académicos que a formaron cómpre sinalar a Paulino Pedret Casado, Pío Cabanillas Gallas, Carlos Martínez Barbeito, Isidoro Millán Mariño e Antonio Rosón Pérez. Estrutúrase en cinco seccións: Dereito Administrativo, Urbanístico e Agrario; Dereito Civil Mercantil e Canónico; Dereito Fiscal e Laboral; Dereito Penal e Procesal e Dereito Foral Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de extinguir as obrigas consistente nun convenio que se realizaba por medio de preguntas e respostas segundo fórmulas sacramentais. Inexistente nas actuais lexislacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acilación na que se fixa o grupo acetilo. Os axentes de acetilación máis importantes son: na célula viva, a acetilcoenzima A; na industria, o cloruro de acetilo e o anhídrido acético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de acidular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substitución do hidróxeno por un grupo acilo RCO- nunha molécula. As reaccións de acilación son moi diversas, porque o que as unifica é o resultado e non o mecanismo da reacción. As substancias acilables poden ser inorgánicas, como a auga, ácido sulfhídrico, amoníaco, hidracina ou orgánicas. Os hidróxenos substituíbles nas substancias orgánicas son, en xeral, os dos hidroxilos dos alcohois, fenois e ácidos carboxílicos, o do grupo tiol, o ligado ao nitróxeno das aminas primarias e secundarias, e o ligado aos carbonos aromáticos. Neste último caso, a acilación é unha reacción de Friedel e Crafts. A acilación da auga dá os ácidos RCOOH; a do ácido sulfhídrico, os S-ácidos tiocarboxílicos RCOSH; a do amoníaco, as amidas RCONHNH2; a dos alcohois e fenois, os ésteres RCOOR’; a dos ácidos carboxílicos, os anhídricos RCO-O-COR’; a dos tioles, os S-ésteres tiocarboxílicos RCOSR’; a das amidas primarias e secundarias, as aminas monosubstituídas RCONHR’ e disubstituídas RCONR’R’’; a dos...
-
-
Acción e efecto de acumular ou de acumularse.
-
Proceso de transformación dunha parte da plusvalía en capital, que constitúe a forza motriz do desenvolvemento capitalista. O proceso de acumulación así entendido é un dos eixos da investigación marxista en teoría económica. A competencia entre as empresas no mercado capitalista fai absolutamente preciso o progreso técnico, ou as innovacións como di J. A. Schumpeter. Polo tanto, a técnica do proceso de produción está sometida a constantes transformacións. Esta demanda de innovacións, que constitúe unha verdadeira necesidade social, esixe a acumulación de capitais. A orixe da acumulación radica na produción de plusvalía. Unha parte da plusvalía chega a ser capital adicional, acumulado para ampliar a produción mediante melloras tecnolóxicas. Todo aquilo que contribúe a aumentar a plusvalía favorece a acumulación, pero non toda a plusvalía é acumulada porque aí hai unha parte dedicada ao fondo de consumo persoal. O proceso de acumulación ten toda unha serie de consecuencias: posibilita o aumento...
-
Fenómeno caracterizado pola persistencia no organismo dos efectos de determinados medicamentos, por mor da súa lenta eliminación. Esta acumulación pode ser tóxica.
-
Depósito de materiais sedimentosos producidos pola erosión.
-
Exercicio nun mesmo proceso, por unha ou máis persoas, de diversas accións contra unha ou algunhas persoas. En determinados casos cómpre, para que acumulación sexa admisible, que as accións que son acumuladas deriven dun mesmo título ou sexan fundamentadas na mesma razón.
-
Reunión de dous ou máis procesos xa incoados que teñen entre eles un vencello xurídico substancial para constituír un só e ser resoltos na mesma sentencia. Xustifícase por motivos de economía procesal e para evitar decisións contraditorias.
-
Reunión de dous ou máis expedientes administrativos intimamente relacionados para conformar un só e seguir unha única tramitación.
-
Acumulación do capital, non fundamentada nas relacións de produción capitalistas, é dicir, que non ten a súa orixe na produción de plusvalía -que é un concepto e produto da orde económica capitalista. Marx denominouna primitiva ou orixinaria e Adam Smith previa. A acumulación primitiva é condición necesaria para o desenvolvemento do capitalismo.
-
Proceso de transformación do excedente económico planificado en fondos de investimento dunha sociedade capitalista. É a diferenza entre o produto social formulado e o volume de consumo elixido.
-
Punto non illado que pertence á adherencia dun conxunto de puntos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de adular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moralidade ou explicación da fábula.
-
-
Combinación mediante un catalizador dun isoalcano cun alqueno, para obter hidrocarburos saturados ramificados de número de octanos elevados (alquilado). As materias primas empregadas son, dunha banda, o isobutano e o isopentano (empregadas en exceso), e da outra, normalmente, o propeno, os butenos e o isobuteno ou as súas mesturas. A reacción é complexa, e a mestura de hidrocarburos separada por decantación fracciónase para illar o alquilato dos produtos volátiles.
-
Introdución dun grupo alquilo nunha molécula orgánica. A alquilación pode ter lugar sobre un carbono, un nitróxeno, un osíxeno ou un xofre. Os principais reactivos alquilantes son os haluros e os sulfatos de alquilo, e máis raramente outros compostos. Son exemplos importantes: a alquilación dos hidrocarburos aromáticos por reacción de Friedel e Crafts, a alquilación de amoníaco e as aminas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica de diversas reaccións empregadas para a construción de aneis carbonados a partir dun composto cíclico preexistente e dun fragmento de cadea aberta. Un exemplo coñecido é a anelación de Robinson.
-
-
Acción e efecto de aniquilar.
-
Desaparición dunha partícula cando atopa a súa antipartícula, do que resulta un conxunto doutras partículas. Esta reacción está permitida pola lei de conservación da masa-enerxía: a enerxía total inicial da parella partícula-antipartícula transfórmase en enerxía cinética das novas partículas. Cando toda a enerxía inicial se transforma en enerxía cinética de partículas sen masa, a materia desaparece e transfórmase en radiación.
-
-
-
Interrupción espontánea ou provocada da ovulación.
-
Falta de ovulación provocada pola administración dunha substancia ou pola realización dunha práctica anovulatoria.
-
-
-
Anticipación do momento en que sucede unha cousa con respecto a outra, qure sucede posteriormente.
-
Anticipación do momento en que sucede algo e outro posterior no que se esperaba que sucedese.
-
-
-
Acción e efecto de anular ou anularse.
-
Formación de aneis.
-
Formación circular semellante a un anel.
-
Acción e efecto de anular un acto ou un negocio xurídico.
-
Na psicanálise, mecanismo de defensa que consiste en transformar afectos, pensamentos, palabras, xestos ou actos pasados, inaceptables para o suxeito consciente, nos seus contrarios.
-
-
-
Acción de apelar.
-
Nome que se dá a alguén ou a algunha cousa.
-
Recurso xudicial que interpón a parte que non está de acordo coa decisión dun xuíz ou tribunal interposta perante un xuíz ou tribunal superior, a fin de que este decida de novo sobre o asunto. Deu lugar a un novo estudo e decisión do feito, tendo en conta as actuacións do preito inicial e as novas alegacións das partes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.