"Laiovento" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada o 17 de outubro de 1989 en Santiago de Compostela. Especializada en publicacións en lingua galega e portuguesa, conta con máis de cen títulos editados. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, atende fundamentalmente os apartados de humanidades, literatura, ciencias sociais, tecnoloxía e libros de peto. Divide as súas obras nas coleccións “Xeral”, “Vento do Sul”, “Breviarios” e “Fóra de serie”. Ademais de publicar libros de numerosos autores galegos, traduce obras pertencentes a autores estranxeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de periodicidade trimestral editado en Santiago de Compostela a partir do outono de 1991. Presentouse como voceiro dunha nova iniciativa editorial e coa coordinación de Francisco Pillado Mayor. Nas súas follas e artigos analizáronse cada un dos volumes publicados por Edicións Laiovento e as opinións dos autores, ademais doutras noticias culturais de interese.