Glareola
Glareola
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves caradriformes, da familia dos glareólidos, que se caracterizan por presentar patas altas, ás e cola longas, unha plumaxe de cor parda e gorxa amarela. Son de talle bastante pequeno. Habitan en zonas húmidas e tépedas das rexións cálidas e temperadas de Europa, África e Asia.