"Lambre" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Foi secretario vitalicio da sección de matemáticas da Académie des Sciences. No ano 1781 elaborou as primeiras táboas de efemérides do planeta Urano, ás que lles seguiron as do Sol, Saturno, Xúpiter e outros astros. Participou na medición do arco de meridiano comprendido entre Dunkerque e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente atlántica (16 km). Nace na parroquia de Santa Xiá de Monfero (Monfero) da confluencia de varios regos que drenan a vertente meridional da serra de Queixeiro. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que serve de límite municipal a Monfero e Irixoa e a Paderne con Vilarmaior, primeiro, e con Miño despois, ata a súa desembocadura na ría de Betanzos, no lugar da Ponte do Porco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Lambre en San Pantaleón das Viñas (Paderne). Trátase dunha ponte de cantería e xisto do s XVI cun van lixeiramente oxival que pertenceu ao antigo camiño de Betanzos a Pontedeume.
-
-
Elemento decorativo colgante e corrido que se coloca baixo os beirís, frisos ou na parte superior dunha cortina como nos baldaquinos.
-
-
Adorno externo do escudo formado por cintas, follas ou penachos que, partindo de detrás do helmo, colgan a ambos os dous lados do escudo. Han de ser dos mesmos esmaltes que compoñan o brasón. OBS: Úsase habitualmente en plural.
-
lambrequíns sementados
Lambrequíns que levan flores de lis ou armiños.
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao NL da capital provincial, regado polo río Torío (9.772 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos de secaño.
VER O DETALLE DO TERMO