Lambre

Lambre

Río da vertente atlántica (16 km). Nace na parroquia de Santa Xiá de Monfero (Monfero) da confluencia de varios regos que drenan a vertente meridional da serra de Queixeiro. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que serve de límite municipal a Monfero e Irixoa e a Paderne con Vilarmaior, primeiro, e con Miño despois, ata a súa desembocadura na ría de Betanzos, no lugar da Ponte do Porco.