"Laminaria" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Xénero de algas feófitas, da familia das laminariáceas, que ten forma de lámina coriácea pedicelada e que habita na zona intermareal das costas atlánticas, excepto a especie L. rodriguezii, que habita no Mar Mediterráneo. Algunhas especies aprovéitanse como abono e para a extracción de alxinatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás laminariáceas.

    2. Alga da familia das laminariáceas.

    3. Familia de algas cosmopolitas, da orde das laminariais, que presenta unha lámina ramificada e un forte rizoide que lle permite adherirse ao substrato das costas expostas e semiexpostas. Dentro desta familia inclúense as algas máis grandes, tales como Macrocystis pyrifera, do Océano Pacífico, que pode acadar case 100 m. Algunhas especies teñen importancia industrial na extracción de alxina, de iodo e de sales de potasio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás laminariais.

    2. Alga da orde das laminariais.

    3. Orde de algas, da clase das feofíceas, que presenta zoogamia e alternancia de xeracións con esporófitos de grandes dimensións e con gametófitos moi pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO