laminariáceo -a

laminariáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás laminariáceas.

  2. s f [PROTISTA]

    Alga da familia das laminariáceas.

  3. s f pl [PROTISTA]

    Familia de algas cosmopolitas, da orde das laminariais, que presenta unha lámina ramificada e un forte rizoide que lle permite adherirse ao substrato das costas expostas e semiexpostas. Dentro desta familia inclúense as algas máis grandes, tales como Macrocystis pyrifera, do Océano Pacífico, que pode acadar case 100 m. Algunhas especies teñen importancia industrial na extracción de alxina, de iodo e de sales de potasio.

Palabras veciñas

1 laminar | 2 laminar | Laminaria | laminariáceo -a | laminarial | laminarina | Lamiñas, As