1 laminar
1 laminar
(
-
adx
Relativo ou pertencente á lámina.
-
adx
Que ten forma de lámina.
-
escorregada laminar
[XEOG]
Conxunto de auga de chuvia que escorre polas vertentes en forma de película bastante uniforme, que erosiona por igual toda a superficie. Este fenómeno é típico das rexións selváticas, onde a vexetación actúa de protección dos terreos e evita que se formen barrancos.