"Landoi" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Dominicano francés. Membro da familia dos condes de Rodez. En 1282 ingresou na Orde dos Predicadores, da que foi elixido mestre xeral en 1312. Debido ao seu talante reformador, centrou a súa atención sobre a organización dos estudios, a observación da vida regular e deu un novo pulo ao labor misioneiro. Participou activamente nos problemas que afectaban á corte pontificia de Aviñón e, en 1317, integrou a legación enviada polo Papa Xoán XXII á corte de Borgoña e a Flandres. Foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela (1318-1330) por imposición do Papa Xoán XXII, dada a incapacidade do cabido compostelán, dividido en dous bandos, de propoñer un único candidato como sucesor de Rodrigo de Padrón. Durante a súa prelatura tivo que loitar contra os nobres e os burgueses de Santiago de Compostela, que pretendían que a cidade fose de reguengo. Os composteláns estaban apoiados polo infante Filipe e o seu mordomo Afonso Suárez de Deza, que detentara na sede vacante a tenencia das fortalezas episcopais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cariño baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Berenguel de Landoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace no límite dos concellos de Cedeira e Cariño e desemboca pola beira dereita da ría de Ortigueira, na parroquia de Landoi (Cariño).

    VER O DETALLE DO TERMO