"Laval" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo francés. Destacou pola incorporación das fórmulas da xeografía anglosaxona na tradición francesa. Iniciou as investigacións no eido da economía rexional e distinguiuse nos estudios sobre a histora da xeografía. Publicou, entre outras obras: Essai sur l’evolution de la géographie humaine (Ensaio sobre a evolución da xeografía humana, 1964), La nouvelle géographie (A nova xeografía, 1979) e Geography since the Second World War (A xeografía dende a Segunda Guerra Mundial, 1984), con R. J. Johnston.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de País do Loire, Francia, capital do departamento de Mayenne, situada á beira do río Mayenne, afluente do Loire (50.947 h [1999]). Destaca a catedral dos ss XII-XVI e o castelo renacentista.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Québec, Canadá, situada nas illas de Montréal e de Jesus, divididas pola Rivière des Prairies (330.393 h [1996]). Na actualidade é un suburbio ao NO da cidade de Montréal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Elixido deputado socialista entre 1914 e 1919, abandonou o partido e volveu á cámara como independente (1923-1944). Ocupou o cargo de primeiro ministro entre xaneiro de 1931 e febreiro de 1932. En 1935 volveu ao cargo de primeiro ministro e realizou diversas concesións aos estados totalitarios, o que provocou a súa caída en 1936. Despois da capitulación de Francia ante as forzas do III Reich foi nomeado viceprimeiro ministro polo mariscal Pétain. A súa política de adhesión incondicional e colaboracionismo co réxime nazi levouno á presidencia do goberno (1942-1944). Despois da vitoria aliada foi condenado a morte e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (10.016 km2; 61.085 h [1996). A capital é Minas (37.146 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina automática deseñada para lavar a louza, os vasos, os cubertos e outros utensilios de cociña.