"Leto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 67.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Burato do zapato por onde se introducen os cordóns ou agulletas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto ao que se lle atribúe poderes sobrenaturais e máxicos como os de protexer contra o mal de ollo, os espíritos, os meigallos, a mala sorte e todo tipo de desgracias. Acostumánse levar pendurados no colo, nos petos, en bolsiñas e prendidos na roupa interior, cando son de protección individual; cando o seu fin é protexer unha casa, colócanse detrás das portas e á entrada das hortas ou cortes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Ảνάκλετος ‘invocado’, derivado de ἀ νακλέω ‘invocar, berrar’, ou mellor de Ảν ένκλετος ‘libre de toda culpa, irreprensible’. Santo Anacleto (s I) de Atenas aparece tamén na lista dos papas co nome de Cleto, forma abreviada con aférese do nome completo.
-
PERSOEIRO
Nado en Atenas, foi o terceiro Papa (79-91) despois de san Pedro e san Lino e morreu lapidado en Roma baixo o goberno de Diocleciano; enterrárono onda san Pedro. A súa festividade celébrase o 13 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos gobiesócidos ao que pertence o peixe lapa verde.
-
CIDADES
Cidade do estado de Wisconsin, EE UU, á beira do río Fox (56.377 h [1980]). Dedicada principalmente á industria papeleira, é sede do Institute of Paper Chemistry.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das capas da ionosfera, coñecida tamén como rexión F, que funciona como reflectora nas telecomunicacións a longa distancia.
-
PERSOEIRO
Físico inglés. Estudiou no Saint John’s College de Cambridge e traballou, como axudante de Ernest Rutherford, no laboratorio Cavendish. Interesouse pola propagación das ondas electromagnéticas, que máis tarde aplicou ao desenvolvemento do radar. A partir dos estudios sobre a ionosfera e a reflexión nela das ondas de radio definiu unha nova capa atmosférica á que se lle deu o seu nome. Recibiu o Premio Nobel de Física no 1947.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta grego. Atribúenselle as seguintes obras A etiópida e A destrución de Ilión, poemas épicos que abordan o ciclo de Troia partindo de onde o deixa A Ilíada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego de época Helenística ao que xa dende a Antigüidade se lle atribuíron as Milesíacas. Refundidas ao latín por L. Cornelio Sissenna, influíron en Ovidio, Petronio e Apuleio. Só se conservan fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador grego. Discípulo de Anaxágoras, continuou a orientación da escola xónica. A tradición faino mestre de Sócrates, debido a que se ocupaba xa de cuestións morais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de ideónimo que designa o nome do título dun ballet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cogomelo dos fungos dos xéneros Boletus, Leccinum, Gyroporus, Suillus ou Xerocomus, que pertencen á orde das boletais. É carnoso, de cor castaña e co himenio formado por tubos rematados en poros, e pode acadar os 25 cm de diámetro. Algunhas das especies son moi apreciadas en gastronomía. A forma máis sinxela de preparalos é lavalos, cortalos en anacos, refogalos en aceite e servilos cun pouco de pirixel e allo. Tamén se empregan como ingrediente de guisos diversos. Admite algunhas técnicas culinarias propias da alta cociña, como a laminación para carpaccio ou a caramelización.
-
-
Papeleta de rifa dun sorteo ou aposta.
-
Orde oficial escrita que obriga a dar aloxamento a militares onde non hai cuartel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia da facción güelfa de Cremona, do s XIII, oposta aos Barbarasi. Da interpretación errónea duns versos de Dante, Luigi da Porto creou a familia veronesa dos Ca-puleto, adversaria dos Montescos (Montecchi), e inspirou a Shakespeare na súa obra Romeo e Xulieta.
-
-
Relativo ou pertencente aos Capuletos.
-
Membro da familia dos Capuletos.
-
-
PERSOEIRO
Novelista irlandés. Da súa produción destaca a narración breve Traits and Stories of the Irish Peasantry (Características e historias dos labregos irlandeses, 1830) e a novela Fardorougha the Miser (Fardorougha o avaro, 1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rede de fibras, formadas por microtúbulos (25 nm de diámetro), filamentos de actina (8 nm de diámetro) e filamentos intermediarios (10 nm de diámetro), que se atopan nas células e que proporcionan soporte para os orgánulos e estrutura para a membrana celular. Ao mesmo tempo, facilita o movemento celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santo Anacleto.
-
-
-
Que contén todas as características ou as partes das que se constitúe.
-
Que non presenta ningunha eiva na súa integridade.
-
-
Aplícase a quen ten boas calidades.
-
Que non implica restricións.
-
Que ten todas as prazas ocupadas.
-
Que ten as propiedades que o identifican e distinguen doutro.
-