1 boleto
1 boleto
s
m
[FUNGO]
Cogomelo dos fungos dos xéneros Boletus, Leccinum, Gyroporus, Suillus ou Xerocomus, que pertencen á orde das boletais. É carnoso, de cor castaña e co himenio formado por tubos rematados en poros, e pode acadar os 25 cm de diámetro. Algunhas das especies son moi apreciadas en gastronomía. A forma máis sinxela de preparalos é lavalos, cortalos en anacos, refogalos en aceite e servilos cun pouco de pirixel e allo. Tamén se empregan como ingrediente de guisos diversos. Admite algunhas técnicas culinarias propias da alta cociña, como a laminación para carpaccio ou a caramelización.