"Liborio" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antropónimo masculino que procede do nome latino Liborius, de orixe incerta. Pode considerarse un derivado do verbo latino libo ‘ofrendar’, ‘consagrado aos deuses’ ou unha variante de Liberio, nome antigo derivado de liber ‘libre’ (masculino de Libertas ‘liberdade’). San Liborio de Le Mans (s IV) celébrase o 23 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Le Mans. Fundador de numerosas igrexas, invócase contra os cálculos dos riles. O seu culto espallouse por Francia, Alemaña, España e Italia. Na iconografía viste de bispo con báculo e mitra e leva como atributos persoais unhas pedras sobre un libro, ás veces un pavo real ou unha pluma desta ave na súa man. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO