"Lille" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Fíxose famoso cunha tradución das Xeórxicas de Virxilio (1769). Publicou, entre outras obras, Les jardins (Os xardíns, 1782), L’homme des champs (O home dos campos, 1800) e L’imagination (A imaxinación, 1806), ademais de traducións en verso da Eneida (1804) e de O paraíso perdido (1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Nord, situada no Flandres francés, Francia (184.657 h [1999]). Localizada na beira do río Deule, estendeuse arredor do núcleo primitivo e do porto, creado artificialmente en 1948, converténdose no terceiro porto interior francés, despois do de París e Estrasburgo. Tradicionalmente foi un núcleo industrial téxtil, do que tamén destacan a industria mécanica e eléctrica. En 1030 foi fortificada e destruída en 1214. Reconstruída, obtivo privilexios comunais (s XIII) e formou parte, sucesivamente, de Francia e dos estados da casa de Borgoña. Cidade próspera no s XV, pasou a mans dos Habsburgo. Luís XIV conquistouna en 1667 e formalizouse a situación en 1713 pola Paz de Utrecht. Famosa polas porcelanas, a súa fábrica foi fundada en 1696.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Noruega, capital do departamento de Oppland e situada a carón do lago Mjösa (24.873 h [2001]). É un importante centro turístico e destaca a industria téxtil, alimentaria e da madeira. En 1994 celebráronse os Xogos Olímpicos de inverno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
al do alto Berguerdà, situado entre o monte Merolla e Tubaina, na provincia de Barcelona, Catalunya. Esténdese paralelo ao dobramento prepirenaico, por onde pasan os cursos do Arija e Llobregat en sentido L-O.
-
-
Relativo ou pertencente a Melilla ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Melilla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que tece e fai encaixes cos palillos. O seu traballo coñécese co nome de encaixe de Camariñas, aínda que este non é o único centro de produción pero si o de sona universal. Para desenvolver o labor, precísanse unha almofada e uns palillos. A almofada, que vai apoiada nun banco, está feita cunha armazón de dúas varas que sobresaen pola parte superior, un recheo e todo envolveito nunha tea, cosida polos costados e cabos, e ben tensada. Nun dos cabos dos saíntes das varas pendúrase un alfineteiro e unha pequena bolsa para gardar as tesoiras e agullas. Os palillos consisten nunha peza torneada de madeira de amieiro, buxo ou nogueira, duns 10 cm de longo, máis ou menos anchos dependendo do tipo de encaixe; na parte superior vai enrolado o fío con que se traballa. O primeiro paso nesta tarefa é facer un debuxo do encaixe nun cartón sobre unha trama cuadriculada. Feito o debuxo, pícase cun alfinete grande nos sitios onde se han cruzar os fíos. Da simetría e perfección do picado depende...