"London" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • CIDADES

    Cidade da provincia do Cabo Oriental, Sudáfrica, no litoral Índico, na desembocadura do río Buffalo (240.474 h [1991]). O seu porto é un importante núcleo pesqueiro e comercial, ademais dun destacado centro exportador de froitas. Na industria cómpre salientar o sector téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada á beira do río Thames (325.646 h [1996]). É un centro financeiro e industrial, sobre todo de maquinaria, aparatos eléctricos, peles, tecidos e produtos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución docente británica, fundada en Londres en 1895 por Sidney Webb. Desde 1900 ten categoría de facultade universitaria, dependente da University of London. As súas achegas científicas están recollidas en numerosas publicacións, entre as que destaca Economica (1921). Dela depende o Center for Labour Economics (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Griffith London.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Coñecido como Jack London, destacou pola temática dos seus relatos, nos que fala da volta dun ser civilizado ao seu estado primitivo e da loita pola supervivencia. Escribiu The Son of the Wolf (1900), The Call of the Wild (1903), The People of the Abyss (1903), The Seawolf (1904), White Fang (1906), The Iron Heel (1907) e South Sea Tales (1911), ademais da autobiográfica Martin Eden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte situado en Londres. A súa orixe remóntase á adquisición por parte do goberno inglés (1823), da colección do xudeu ruso J. J. Angerstein. Foi instalada desde 1838 no edificio de W. Wilkins en Trafalgar Square e considérase un dos museos máis ricos en pintura occidental desde o prerrenacemento italiano ata o postimpresionismo francés.

    VER O DETALLE DO TERMO