"Maldonado" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
GALICIA
Político e escritor. Licenciado en Leis, foi catedrático de Decretais na Universidade de Santiago de Compostela e xuíz subdelegado de imprentas e librerías en Galicia. En 1810 Fernando VII nomeouno conselleiro de Estado. Na lexislatura 1810-1813 foi deputado pola provincia de Santiago e defendeu nas Cortes a restauración da monarquía absoluta. Foi autor de Pensamientos militares de un paisano (1809) e Último recurso de la Nación Española para conservar su existencia política, deducido de la historia de nuestras regencias (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (4.793 km2; 127.502 h [1996]). A súa capital é Maldonado (48.936 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, cinco flores de lis de ouro, colocadas en aspa.
-
PERSOEIRO
Camareiro do bispo Alonso III de Fonseca e notario e secretario do conde de Monterrei. Formou parte do grupo fundador da Universidade de Santiago de Compostela como escribán (1553).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Capitán. Foi un dos xefes da Revolta das Comunidades de Castela. Foi derrotado polas forzas reais de Carlos I na Batalla de Villalar, e decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eséxeta e xesuíta. Profesor en Roma e París, Gregorio XIII encargoulle a revisión do texto dos Setenta. Escribiu diversos comentarios bíblicos como Commentarii in quatuor evangelistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. De tendencia liberal provincialista, colaborou en El Centinela de Galicia, El Eco de Galicia e La Esperanza, onde criticou a corrupción política e as carencias da administración; ademais é considerado o autor das Tertulias de Picaños (1836) e dos Diálogos en la Alameda (1836), tamén de carácter crítico. Participou en diversas actividades da Sociedad Económica de Amigos del País, para a que elaborou con “Memoria sobre los obstáculos que se oponían a los progresos de la Agricultura”. Publicou, ademais de diversas composicións dedicadas á realeza, unha abundante obra poética en castelán que recolleu en Tristes recuerdos del Dr. D. Vicente Turnes Río Maldonado (1834), Último adiós del Dr. D. Vicente de Turnes del Río Maldonado, á su pinar (1851) e a póstuma Composiciones poéticas (1875).
VER O DETALLE DO TERMO