"Mallorca" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Mallorca e príncipe de Acaia (1315-1316), fillo de Xaime II de Mallorca e de Esclarmunda de Foix. Coñecido como Fernando de Morea, estivo nas cortes de Xaime II de Aragón e Federico III de Sicilia, que o enviou como o seu lugartenente na Compañía Catalana. Trasladouse a Gallipoli en 1307 e fixérono prisioneiro os venecianos en Negroponte. Trasladado a Nápoles, foi liberado en 1308 e volveu á corte de Xaime II de Aragón, co que participou na expedición a Almería (1309). En 1312 trasladouse a Sicilia, onde recibiu de Federico III de Sicilia o feudo de Catania e o castelo de Ursino. Participou nas loitas entre Nápoles e Sicilia e en 1314 casou con Isabel de Sabran, neta de Guillerme de Villehardouin, príncipe de Acaia. Posteriormente, casou en segundas nupcias con Isabel de Ibelin. Morreu loitando por defender os dereitos do seu fillo, o futuro Xaime III de Mallorca, fronte a Luís de Borgoña e Xoán de Orsini en Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de maior tamaño do arquipélago das Illes Balears, que ocupa a posición central dentro do arquipélago (3.624 km2; 841.669 h [2001]).
    Xeografía
    A costa é moi regular, aberta ás baías de Pollença e Alcúdia ao NL, e á de Palma ao SO. O relevo está constituído por dúas aliñacións montañosas, a serra da Tramuntana e as serras de Llevant, orientadas de SO a NL. Entre elas esténdese unha chaira central. O clima é mediterráneo. Na distribución da poboación destaca o continuo crecemento da cidade de Palma de Mallorca, que en 1900 representaba o 25% da poboación total e en 1981 chegaba ata o 54,32%. En 1986 comezou un leve retroceso en beneficio dos municipios da periferia urbana. En 1991, a poboación ocupada era do 35,4%. O sector primario representa o 4,7% da poboación activa e os servicios ocupan o 66,2% da poboación activa. A industria (14,5%) e a construción (14,6%) son actividades complementarias. A agricultura e o comercio foron as actividades básicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Territorio que comprendía Mallorca, Eivissa, os condados do Rosellón e Sardeña, o señorío de Montpellier e outros territorios occitanos, e posteriormente Menorca. Foi creado á morte de Xaime I de Aragón en 1276. Co Decreto de Nueva Planta do 28 de novembro de 1715, converteuse nun simple título nobiliario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Taifa independente que comprendía as Illes Balears, constituída entre 1076 e 1078 como consecuencia da derrota dos Banū Muğāhid de Denia ante o rei de Zaragoza al-Muqtādir. Posteriormente comezou un segundo período independente (1158-1203). Mallorca, refuxio e centro da causa almorábide andaluza, foi gobernada pola dinastía Banū Ġāniya ata que ‘Abd Allāh ibn Ishāq ibn Gāniya a perdeu no enfrontamento co califa al Nāsir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca e capital das Illes Balears, situado no extremo das abas da serra da Tramuntana (333.801 h [2001]). É sede do Consell Insular de Mallorca e do bispado de Mallorca. O seu núcleo urbano está composto pola cidade antiga, arredor da que se dispuxeron o ensanche e novos núcleos periféricos edificados a partir da década de 1970. A poboación activa dedícase basicamente ás actividades terciarias e secundarias, mentres que o sector primario é minoritario e está adicado aos cultivos herbáceos e ás froiteiras de secaño. A industria relacionada co turismo, como a construción, as industrias do metal, da madeira e alimentarias, está en expansión. É un dos centros turísticos máis destacados do Mediterráneo. Foi un municipio romano fundado por Quinto Cecilio Metelo tras a súa vitoria sobre os habitantes das illas (123-122 a C) e poboado con parte dos colonos romanos de Iberia que o acompañaban. Os vándalos ocupárono tras a morte de Valentiniano III (455) e foi reconquistado polos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles, filla do Rei Sancho I. Casou en 1304 co Rei Roberto I de Nápoles. Ao quedar viúva (1343), axudou ao seu sobriño Xaime III de Mallorca contra Pedro IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca (1311-1324), fillo de Xaime II de Mallorca. En 1302, ao ingresar o seu irmán Xaime na orde franciscana, xurou como herdeiro do trono de Mallorca. Ao ano seguinte rendeu homenaxe en Barcelona ao seu curmán Xaime II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Mallorca (Xaime IV, 1349-1375) e rei consorte de Nápoles, fillo de Xaime III de Mallorca e Constanza de Aragón. En 1338 o seu pai fíxoo xurar como herdeiro e en 1349 acompañouno na invasión para tomar Mallorca. Despois de ser abandonado pola Raíña Xoana I de Nápoles coa que casara, marchou a Inglaterra. Interveu co Príncipe Negro na Batalla de Nájera (1367) a favor de Pedro I de Castela. Caeu prisioneiro de Enrique de Trastámara, que o encarcerou no castelo de Curiel, pero foi liberado por Xoana I de Nápoles. Organizou unha expedición de mercenarios contra Pedro IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca, conde de Rosellón e Cerdaña e señor de Montpellier (1276-1311), fillo de Xaime I de Aragón. Ao morrer seu pai (1276) entrou en posesión da súa herdanza e coroado como rei de Mallorca confirmoulle os privilexios e as franquías a Mallorca en 1276. Foi vasalo do seu irmán Pedro III de Aragón e ante o conflito deste con Filipe III de Francia apoiou os franceses. Ante a derrota gala, foille arrebatado o reino, ata que se lle restituíu polo Tratado de Anagni (1295) coa condición de recoñecer a vasalaxe de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca (1315-1349), fillo do infante Fernando, príncipe titular de Morea, e de Isabel de Sabran. Morta a súa nai, quedou baixo a protección do Rei Sancho I de Mallorca e tras a morte deste (1324), Xaime II de Aragón tratou de impugnar o testamento e apoderarse do Reino de Mallorca. A intervención do Papa Xoán XXII, que propuxo consultas periódicas, evitou a guerra. Pouco despois de herdar a Coroa de Aragón (1339), Pedro IV o Cerimonioso esixiulle vasalaxe. Perdeu a coroa na Batalla de Llucmajor (1349), onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO