"Manchuria" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • REXIÓNS

    Rexión situada no NL de China que comprende os sheng de Jilin, Liaoning e Heilongjiang (786.400 km2; 106.550.000 h [2000]). A capital é Shenyang. O centro da rexión é unha chaira ondulada regada polo Changpai e o Ussuri. O clima é frío. Os principais cultivos son o millo e a soia. Destacan a pesca, as industrias siderúrxicas e a maquinaria diversa. Escasamente poboada polas tribos nómades de orixe tungús, no s X a dinastía Liao fíxose co control das chairas do N de China e no s XII fixérono os Xin. Os mongois da dinastía Iuan conquistaron Manchuria, pero no s XVI tribos independentes formaron un imperio que se estendeu entre o mar e o río Amur. En 1644 os manchús atravesaron a Gran Muralla, ocuparon Pequín e instauraron a dinastía manchú dos Xing. Rusia, que aspiraba á colonización de Manchuria desde o s XVI, estableceu polo tratado de Nerčinsk (1689), unha fronteira ao longo do río Amur. A finais do s XIX Xapón disputoulle o territorio...

    VER O DETALLE DO TERMO