clorambucilo
clorambucilo
Nome científico:
[ácido 4-[p-[bis(2-cloroetil)amino]fenil]butírico: C<sub> 14</sub> H<sub> 19</sub> Cl<sub> 2</sub> NO<sub> 2</sub> ]
s
m
[QUÍM]
Substancia cristalina que funde a 64-66°C e que se administra por vía oral. É un composto que se une irreversiblemente ao ADN, ao que lle provoca unha alteración estrutural e funcional coa que ocasiona perturbacións no crecemento e na división celular. Emprégase como antineoplásico, especialmente na leucemia linfocitaria.