"Marl" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou o almanaque Pol’arnaja zvezda (A estrela polar, 1823-1825), onde recolle novelas e comentarios críticos románticos. Escribiu tamén Olga (1821) e Mulla Nur. Algunhas das súas obras foron traducidas ao alemán, ao sueco e ao polaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico norteamericano. Formado no célebre Actor’s Studio de Nova York, a súa traxectoria teatral principiou co espectáculo A streetcar named desire (Un tranvía chamado desexo, 1951), presentado en Broadway en 1947, con dirección de Elia Kazan e considerado como unha exemplificación paradigmática do que Lee Strasberg denominaría “o método”, adaptación americana das ensinanzas de Konstantin Stanislavsky. Aínda que a súa reputación lla debe aos seus traballos cinematográficos, á súa sólida formación e capacidades interpretativas teñen unha base teatral. Converteuse nun mito grazas á interpretación de obras de gran espectáculo (cine de autor aparentemente inconformista). Cómpre destacar algúns traballos da súa primeira época: The Men (Os homes, 1950), Viva Zapata (1952), Julius Caesar (Xulio César, 1953), The wild one (Salvaxe, 1953). Outras películas destacadas son: The godfather (O padriño, 1972), Last tango...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cardeal sobre o que recae a administración ordinaria da Igrexa mentres a sé apostólica de Roma está vacante.

    2. Oficial palatino encargado, en determinadas cortes europeas, dos servicios domésticos do soberano, agás o de servir a mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, no extremo NO do delta do Ebro, pero coa maior parte do territorio no sector montañoso da serra do Boix (2.953 h [1996]). En agricultura cómpre salientar o cultivo de arroz no delta, as oliveiras e as amendoeiras no secaño e os cítricos e as hortalizas no regadío, que progresivamente vai collendo terras ao secaño. A actividade industrial está moi diversificada, destacan un gran número de granxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Magdalene von Losch Felsing.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, que forma parte da aglomeración de Essen (91.200 h [1990]). Destaca a industria química e a mineira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área estatística de Nova Zelanda, situada na illa do Sur (39.560 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Churchill.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Coñecido como Bob Marley, foi o principal referente da música reggae e do movemento rastafari. En 1964 gravou “Simmer Down”, o seu primeiro nº1 con The Wailin’ Wailers, e deuse a coñecer internacionalmente con Burnin’ (1973). Destacan os seus discos Live! (1975), Rastaman Vibration (1976), Survival (1979) e Upraising (1980). Despois da súa morte a súa familia continuou reivindicando a súa música, como no disco recompilatorio Legend: The best of Bob Marley (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo co corpo totalmente recuberto de escamas, aletas moi desenvolvidas, as pectorais longas, a primeira aleta dorsal longa cun lóbulo anterior redondeado, e co beizo superior con forma de agulla. É epipeláxico e aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. OBS: Tamén recibe o nome de marlín branco e agulla branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta inglés. Creou un teatro en que expoñía os seus ideais de autor renacentista e que se distinguía pola paixón que deu aos seus personaxes e pola incorporación da historia nacional á trama. Das súas obras destacan Tamburlaine the Great (1590), onde expresa o ideal de identificación coas ideas do Renacemento; Edward II (1594) e The Tragicall History of Doctor Faustus (1604), publicadas postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario creado polo escritor estadounidense Raymond Chandler, que protagonizou unha serie de sete obras de temática policial. Caracterizado como o prototipo de investigador privado da novela negra, loita contra a corrupción do diñeiro e do poder político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NO da parroquia de Torneiros (Allariz). O seu cumio acada os 897 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Bo divulgador do pensamento marxista, publicou traballos sobre o desenvolvemento do modo de produción capitalista e a transición ao socialismo. Das súas obras destaca The Theory of Capitalist Development (Principles of Marxian Political Economy) (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Deuse a coñecer con 18 Poemas (1934). A súa sona consolidouse con Twenty Five Poems (1936) e The Map of Love (1939), volume que inclúe tamén unha serie de narracións que reflicten o concepto de si mesmo como poeta e anticipan o volume autobiográfico Portrait of the Artist as a Young Dog (1940). Durante a Segunda Guerra Mundial escribiu un bo número de guións radiofónicos para a BBC. En 1946 publicou Deaths and Entrances, o seu libro definitivo. Autor dunha obra teatral, Under the Milk Wood (1954), Thomas popularizou a figura do poeta-profeta.

    VER O DETALLE DO TERMO