Marley, Robert Nesta
Marley, Robert Nesta
Músico e compositor. Coñecido como Bob Marley, foi o principal referente da música reggae e do movemento rastafari. En 1964 gravou “Simmer Down”, o seu primeiro nº1 con The Wailin’ Wailers, e deuse a coñecer internacionalmente con Burnin’ (1973). Destacan os seus discos Live! (1975), Rastaman Vibration (1976), Survival (1979) e Upraising (1980). Despois da súa morte a súa familia continuou reivindicando a súa música, como no disco recompilatorio Legend: The best of Bob Marley (1987).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santa Ana, Xamaica -
Deceso
Lugar : Miami, Florida