"Maya" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
PERSOEIRO
Bailarina de familia xitana que debutou xunto co seu pai en 1917. No ano 1929, formando parte do Trío Amaya, actuou en París. Tamén realizou algunhas películas: La hija de Juan Simón (1934) e Los Tarantos (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (5.196 km2; 257.000 h [estim 1991]). Foi fundada por Alonso de Cáceres (1537) co nome de Santa María de Comayagua, que cambiou no ano 1543 polo de Nueva Valladolid. A capital é Comayagua (52.300 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Kiev 1908 - Nova York 1961) Directora e teórica de cine experimental estadounidense. Destacou pola súa película surrealista Meshes of the Afternoon (1943). Está considerada unha das figuras máis relevantes da vangarda cinematográfica norteamericana coñecida como cine underground. Entre as súas producións máis importantes cómpre salientar At Land (1944), Ritual in Transfigured Time (Ritual nun tempo transfigurado, 1946), na que utiliza a danza, ou Meditation on Violence (Meditación sobre a violencia, 1948).
-
PERSOEIRO
Bailadora flamenca e pintora. Coñecida como La Chunga, creceu en Barcelona onde debutou artisticamente da man do pintor Francisco Rebés no cabaré Emporium. Cunha personalísima interpretación da rumba, o seu estilo caracterízase pola súa orixinalidade, os sesu bailes descalza e pola plasticidade das súas posturas. Percorreu gran parte do mundo e actuou nas máis prestixiosas salas, dende Nova York ata Xapón, pasando por España, México, Cuba, Venezuela e París. Pintora autodidacta, enmarcada dentro do estilo naif, expuxo en diversas cidades españolas como Madrid, Barcelona e Vigo, e europeas como París, Múnic e Sandefjord (Noruega).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. En 1936 colaborou en Home Life, e desde 1960 na axencia Magnum. Ademais das súas viaxes por todo o mundo, na súa obra reflicte os costumes e as paisaxes do Xapón. Destacan as súas mostras Document of the Heavy Snowfall (1945) e Hiroshi Hamaya: 50 Years of Phtography.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Cadea montañosa situada no centro de Belize e que deriva cara ao interior de Guatemala. Acada as súas máximas altitudes no S, no Victoria Peak, con 1.120 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forza máxica no pensamento hindú propia do demo malfeitor que emana da única realidade transcendental, o ātman-brahman, ao que se opón.
-
CIDADES
Cidade e porto de Puerto Rico, situada ao O da illa (100.371 h [1990]). Foi fundada en 1760 co nome de Nuestra Señora de la Candelaria de Mayagüez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito. Doutorado en Leis en València (1722), exerceu como catedrático nesa universidade (1723). Posteriormente foi bibliotecario (1733-1740) do Palacio Real en Madrid. Estudioso das ciencias humanas en xeral, centrouse en temas literarios e lingüísticos, que plasmou en Vida de Cervantes (1736), Orígenes de la lengua española (1737) e Retórica (1757).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi alcalde maior de Ferrol (1835), xuíz en Madrid (1836) e maxistrado en Zaragoza (1837). Foi deputado a Cortes por Ontinyent (València), ministro de Gracia e Xustiza (1843-1846) e presidente do Congreso (1848-1851). Nomeado ministro de Estado en 1854, retirouse da política durante o Bienio Progresista (1854-1856), ata que volveu ser ministro de Gracia e Xustiza (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Trinidad e Tobago, que actualmente forma parte de Nariva-Mayaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado situado na illa de Trinidad, Trinidad e Tobago (904 km2; 36.781 h [1990]). A súa capital é Rio Claro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico sánscrito, atribuído a Valmiki, que celebra as xestas de Rāma. A súa redacción definitiva é do s II. Co Mahābhārata, forman parte da tradición (smirti) e gozan de autoridade relixiosa.