Deren, Maya
Deren, Maya
(Kiev 1908 - Nova York 1961) Directora e teórica de cine experimental estadounidense. Destacou pola súa película surrealista Meshes of the Afternoon (1943). Está considerada unha das figuras máis relevantes da vangarda cinematográfica norteamericana coñecida como cine underground. Entre as súas producións máis importantes cómpre salientar At Land (1944), Ritual in Transfigured Time (Ritual nun tempo transfigurado, 1946), na que utiliza a danza, ou Meditation on Violence (Meditación sobre a violencia, 1948).