deriva
(< derivar)
-
[XEOG]
-
Desviación respecto ao curso ou ao comportamento normal dun fenómeno, dun proceso ou dun instrumento.
-
corrente de deriva
Corrente mariña superficial causada pola acción continua do vento.
-
-
f
[MAR]
-
Desviación dunha nave do seu rumbo por efecto dos ventos ou das correntes. Mídese polo ángulo de deriva.
-
Aleta vertical somerxida que ten por finalidade reducir a desviación dun barco.
Sinónimos: orza.
-
-
f
[AERON]
-
Modificación da dirección de avance dunha aeronave respecto á dirección que debería ter se só estivera impelida polos motores. Débese á acción conxunta do vento e do pulo dos motores, e mídese polo ángulo de deriva. É positiva cando o vento vén da esquerda, e negativa cando vén da dereita.
-
Superficie vertical da cola dun avión que ten como finalidade manter a estabilidade da ruta, e na que vai montado o temón de cola.
-
-
f
[FÍS]
-
Desviación angular da traxectoria real dun proxectil respecto ao plano de tiro. Ocasiónase polo efecto da resistencia do aire sobre o movemento de rotación do proxectil, causado polas estrías que imprime o canón sobre o proxectil.
-
Desprazamento lateral que cómpre darlle a unha arma para corrixir a deriva dos proxectís.
-
Graduación da escala que ten por finalidade corrixir a deriva.
-
-
f
[METROL]
ariación lenta e continua, xeralmente incontrolable, dunha magnitude física ou das propiedades dun sistema, dun aparello ou dun instrumento de medida. Por causa do cambio de certas propiedades dos semicondutores, a corrente varía coa temperatura. Nos transistores provoca un desprazamento do punto de traballo, feito que introduce distorsión no sinal de saída. É tamén prexudicial nos amplificadores operacionais.
-
f
[BIOL]
Desviación que produce na traxectoria das aves migratorias un vento de compoñente lateral.
-
[FÍS]
Ángulo formado polo eixe lonxitudinal dun corpo en movemento (como unha nave, unha aeronave ou un proxectil) e a dirección do seu vector de velocidade.
-
[XEOL]
Teoría xeomorfolóxica baseada na idea de que as masas continentais flotan nun substrato plástico e experimentan un movemento de traslación. Formulada en 1912 por Alfred Wegener para explicar os movementos oroxénicos, baséase na observación dunha certa coincidencia na liña de costas de África e de América. Entre os anos 1960 e 1970 esta teoría viuse confirmada con novos datos. Acéptase, con algunhas modificacións, como base da teoría da tectónica de placas.
-
[XEOG]
Transporte e repartición dos elementos areosos que efectúan as ondas cando baten contra a costa de maneira oblicua, feito que produce un movemento en zigzag de cada elemento.
-
[XEN]
Alteración non direccional nas poboacións pequenas orixinada polos xenes que recibe cada xeración e que son unha mostra estatística dos xenes contidos na xeración precedente. É un fenómeno non direccional xa que o cambio sempre se debe ao azar. As consecuencias son unha diferenciación entre as diversas subpoboacións, a perda de variabilidade xenética que ten como consecuencia unha tendencia á homoxeneidade dentro de cada unha delas e un aumento dos homocigotos.
Frases feitas
-
Á deriva 1 Aplícase á maneira de estar un obxecto que flota a mercé dos elementos da natureza. SIN: ó garete. Ex: O barco andou varios días á deriva.
-
2 Sen goberno ou control. Ex: No país hai moitos mozos á deriva.