orza

orza

(< orzar)

  1. s f [MAR]

    Acción e efecto de orzar.

  2. s f [MAR]
    1. Peza grande de ferro que, nas embarcacións grandes de pesca, se coloca no fondo da carena para facer de contrapé e mellorar a estabilidade da embarcación.

    2. Peza metálica ou de madeira que se coloca na quilla dalgunhas embarcacións de vela, especialmente nos iates de regatas, para mellorar a estabilidade e facilitar o goberno. A orza é especialmente necesaria nas embarcacións de pouco calado. Nos iates pequenos deposítase no interior nunha caixa provista de paredes estancas, mentres que nos grandes consiste nun bloque de ferro ou chumbo aparafusado á quilla de madeira.

    3. Táboa grande oval coa extremidade inferior máis grosa ca a superior, dotada dun movemento de rotación, nun plano vertical, arredor dun porlón ou dun eixe fixado ao punto medio de cada lado, que permite aguantar a deriva.

  3. tocar de orza [MAR]

    Ter propensión, unha embarcación, a orzar a causa da estiba ou da súa construción.