Oryx
Oryx
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos artiodáctilos ruminantes, da familia dos bóvidos, de dimensións medianas ou grandes, formas macizas e cornos longos e delgados. Inclúe o órix común ou órix cimitarra (O. dammah), que habita na rexión sahariana, o órix branco (O. leucoryx), que habita en Arabia e en Iraq e que está en perigo de extinción, e o órix beisa (O. gazella).