"Melchor" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
GALICIA
Escultor e mestre canteiro. Realizou a fachada da capela da Misericordia de Tui (1575). En 1594 contratou, xunto ao tudense Gregorio Fernández, o apeo da igrexa do mosteiro de San Salvador de Barrantes (Tomiño). Co sepulcro do Bispo Diego de Torquemada (1598) e co monumento funerario do chantre Lope García Sarmiento (1610), ambos os dous na catedral de Tui, incorporou a tradición da escultura funeraria renacentista na diócese tudense. Como mestre de obras realizou a sancristía e os corredores do Pazo episcopal no conxunto da catedral tudense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador asentado en Santiago de Compostela. Realizou os retablos de San Vicente de Berres (A Estrada, 1591), Santa María de Mourente (Pontevedra, 1595), Santa María de Loxo (Arzúa, 1570) e o da capela de San Xoán de Santa María de Beán (Ordes, 1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo dominicano. En 1523 ingresou na orde dos Predicadores. Profesor de teoloxía en Alcalá de Henares (1541) e en Salamanca (1546), entre 1551 e 1552 foi teólogo do Emperador Carlos V no Concilio de Trento. Conselleiro de Filipe II, alentouno, por medio da súa Consultatio Theologica, a abandonar definitivamente a dirección relixiosa erasmiana seguida por Carlos I e a emprender unha política de catolicismo nacional e autárquico, pechado ante Europa. Elixido provincial dos dominicanos en 1557, non foi confirmado por Roma ata 1560, despois da morte do Papa Paulo IV, o seu grande adversario. A súa obra máis importante é De locis theologicis (Sobre os lugares teolóxicos, 1563), onde se sintetiza por vez primeira a doutrina sobre o método de determinar a verdade en teoloxía, preconizando o retorno ás fontes bíblicas e patrísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Alcalde maior da súa vila, liderou durante a ocupación francesa unha ofensiva contra as tropas do xeneral Fournier en xaneiro de 1809. Trala derrota marchou á Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pepito, actou como enlace das partidas de guerrilleiros e como propagandista do Partido Comunista de España (PCE). En 1949 formou parte do Comité Rexional Galego, xunto con Moncho e o Coronel Benito e, en 1950, cando o PCE mudou as súas tácticas e estratexias de loita baixo o liderado en Galicia de Ricardo, nomeárono secretario de organización do partido. Realizou tarefas de coordinación entre A Coruña, Lugo, Monforte, Ourense e Vigo e, como responsable de propaganda, tentou reconstruír o partido nas numerosas ocasións en que o desarboraban as forzas de seguridade do estado. Viaxou a Francia en dúas ocasións e foi elixido secretario xeral do Partido Comunista en Galicia en 1951. Morreu ante a Garda Civil cando regresaba a Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor de artigos sobre historia política moderna e as súas relacións co pensamento e a literatura. Entre outras obras, publicou Vida y obra de Ángel Ganivet (1925), En torno al 98 (1948) e Historia política de la España contemporánea (1956). Foi membro da Academia Española e da Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Agostiño e escritor. Formado no convento de Santiago, foi destinado a Filipinas (1785), onde foi vogal e definidor da orde. Das súas obras destacan Filosofía cristiana (1838) e Libro de lo que debe hacer el hombre cristiano todos los días (1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Foi alcalde do crime en Sevilla (1767) e alcalde de casa e corte (1778) en Madrid, cidade na que contactou cos ilustrados. Coa chegada ao poder de Godoy, foi perseguido, detido e deportado a Mallorca, confinado primeiro na cartuxa de Valldemossa (1801) e, posteriormente, no castelo de Bellver (1802). Liberado en 1808, trala abdicación de Carlos IV, negouse a participar no equipo afrancesado, e formou parte da Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino, onde representaba a tendencia ilustrada oposta ao Antigo Réxime e ao liberalismo político. Distinguiuse polas súas ideas renovadoras (humanización da xustiza, fomento das obras públicas, regalismo, loita contra a Inquisición, racionalización do ensino -que consideraba o motor máis potente de transformacións-, liberalismo económico). Expuxo as súas ideas político-económicas no Informe sobre el Banco de San Carlos (1782) e, especialmente, en Informe en el expediente de ley agraria (1795). Escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de capela e compositor. Sucesor de Buono Chiodi, foi mestre de capela da Catedral de Santiago de Compostela e comezou a compoñer en 1773, cando era alumno do Real Colegio de Música de Su Majestad. Compuxo preto de 560 pezas, entre misas, salmos, motetes, vilancicos, lamentacións, recitativos e arias profanas e da súa obra destaca o Libro de órgano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do nome, probablemente hebreo, *Melki’or ‘o meu rei Iavé é luz’ (de melki ‘rei’ e or ‘luz’). Presenta a variante Melchior. A súa festividade celébrase o 6 xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun dos tres Reis Magos de Oriente que segundo o Evanxeo segundo san Mateo (3, 1-12) acudiron a Belén a adorar o neno Xesús Cristo. Está representado como o ancián de cabeleira branca que representa a Asia e lle ofrece ouro ao neno.
-
PERSOEIRO
Químico francés. Foi discípulo de J. B. Dumas, con quen estudou as propiedades e a composición dos alcois (1835) e illou o uranio (1841). Publicou Traité élémentaire de manipulations chimiques (1836).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 1760? - A Coruña 1834) Arquitecto, irmán de Manuel Francisco de Prado Mariño. Foi discípulo de Miguel Ferro Caaveiro na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e en 1792 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi arquitecto da catedral de Santiago de Compostela desde 1807 e arquitecto municipal da Coruña desde 1834. Antes de rematar os estudos (1796) realizou un proxecto de remodelación da cabeceira da catedral compostelá (1794), que non se chegou a materializar, e a reedificación de San Bieito do Campo (1795). Influído polo racionalismo académico e o neoclasicismo, realizou a igrexa das Ánimas, a fachada de San Miguel dos Agros (1814), a colexiata de Santa María de Vigo (1815) e os planos para a fachada principal da Universidade de Santiago de Compostela (facultade de Xeografía e Historia) en 1798, e foi arquitecto municipal da Coruña (1818-1834). Colaborou co seu irmán...
-
PERSOEIRO
Economista e avogado. Catedrático de economía política nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, contribuíu a introducir en España a escola histórica de economía, tanto a vella escola (Wilhelm Roscher) coma a nova (Gustav von Schmoller). Preconizou o intervencionismo do estado, de acordo co socialismo de cátedra. Destaca o seu Tratado elemental de estadística (1982) e El bimetalismo internacional (1884). Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Membro dunha familia de canteiros da comarca cántabra de Trasmiera, traballou en Asturias e en 1658 instalouse en Santiago de Compostela, chamado polas monxas beneditinas de San Paio de Antealtares para continuar coa reforma do mosteiro e, despois do incendio de 1659, reconstruílo. A súa linguaxe arquitectónica é clasicista. En 1661 encargouse da construción da igrexa do mosteiro de San Salvador de Celanova e en 1664 fíxose cargo das obras de San Martiño Pinario. Proxectou un cárcere público para a cidade que non se realizou e construíu ao redor de 1663 a capela do Santo Cristo de Burgos na catedral. Realizou tamén a igrexa do colexio das Orfas (1664), a ampliación do convento de Santa María de Belvís (1664) e, fóra de Santiago de Compostela, as capelas de San Ildefonso en Santa María de Iria Flavia (1666) e da Virxe do Rosario en Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa, 1666-1698), e a casa do bispo de Quito (1666) en Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO