Díaz, Melchor
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pepito, actou como enlace das partidas de guerrilleiros e como propagandista do Partido Comunista de España (PCE). En 1949 formou parte do Comité Rexional Galego, xunto con Moncho e o Coronel Benito e, en 1950, cando o PCE mudou as súas tácticas e estratexias de loita baixo o liderado en Galicia de Ricardo, nomeárono secretario de organización do partido. Realizou tarefas de coordinación entre A Coruña, Lugo, Monforte, Ourense e Vigo e, como responsable de propaganda, tentou reconstruír o partido nas numerosas ocasións en que o desarboraban as forzas de seguridade do estado. Viaxou a Francia en dúas ocasións e foi elixido secretario xeral do Partido Comunista en Galicia en 1951. Morreu ante a Garda Civil cando regresaba a Galicia.
Cronoloxía
-
Deceso