"Meneses" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Novelista e historiador. Publicou as novelas Poema trágico del español Gerardo y desengaño del amor lascivo (1615), Historias peregrinas y ejemplares (1623), Varia fortuna del soldado Píndaro (1626) e Historia de Don Felipe IV, rey de las Españas (1631) e Francia engañada, Francia respondida (1635), esta última co pseudónimo de Gerardo Hispano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Portugal, filla de Martín Afonso Telo de Meneses e de Aldonça de Vasconcelos. Casada con João Lourenço da Cunha, señor de Pombeiro, conseguiu casar en secreto co Rei Fernando I despois de que este lle anulase o matrimonio. Mandou matar a todo aquel que fora un impedimento para as súas intrigas entre os que se atopaban os dous fillos de Inés de Castro, medio irmáns do seu home. Favoreceu con cargos os seus familiares e o seu amante. Cando morreu o seu home, fixo proclamar raíña de Portugal a súa filla Beatriz, casada con Xoán I de Castela, feito que provocou o alzamento do pobo que elixiu a Xoán, fillo natural de Pedro I, que trala vitoria na Batalla de Aljubarrota (1385) se converteu en Xoán I de Portugal. A raíña marchou a Castela, onde intrigou contra o seu xenro Xoán I, quen a encerrou no mosteiro de Tordesillas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo de ouro, cheo. Outra variante leva, en campo de ouro, un castelo de prata.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de B. E. Murillo, e membro (1666-1673) e mordomo (1668-1669) da Academia de Pintura de Sevilla. Rematou os cadros do altar maior da igrexa dos capuchinos de Cádiz, que Murillo deixou sen rematar, e pintou San Felipe Neri adorando a la Virgen e San Cirilo de Alejandría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista, segundo conde de Benavente. Aristócrata afeccionado aos libros de historia, aos clásicos e aos temas máis diversos, reuniu unha destacada biblioteca no seu castelo de Benavente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e militar. Pertenceu á Unión Liberal, foi deputado polo distrito de Pontedeume (1858-1865) e pola sección da Coruña (1865-1966), e director xeral de Obras Públicas (1864). Alcanzou o grao de coronel de infantaría e dedicouse aos estudos sobre fabricación de armas e aparatos xeodésicos. Escribiu Descripción de algunos instrumentos de Geodesia y Topografía (1853), Progresos de la Geodesia (1862) e Estudio de fortificación: atrincheramiento de campaña (1864). Foi membro da Real Academia de Ciencias (1862) e foi elixido académico da Real Academia Española (1867), aínda que non chegou a ingresar.
VER O DETALLE DO TERMO