Eretria
Eretria
Cidade da antiga Grecia situada na costa S da illa de Eubea. Destruída polos persas no 490 a C, durante a Primeira Guerra Médica, no s IV a C participou na Liga de Delos. Foi conquistada polos romanos no s II a C. Consérvanse restos das murallas, o teatro e a acrópole.