"Millia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro alemán. Foi unha das figuras máis destacadas da segunda xeración de vangardistas da astronáutica. Graduado en 1932 en enxeñería no Instituto de Tecnoloxía de Berlín, especializouse na tecnoloxía dos foguetes e estudiou os motores foguete de propulsión líquida. Foi nomeado xefe da estación experimental de Kummersdorf polo goberno nazi. Dende 1937 ata 1945 foi director técnico do centro experimental de foguetes de Peenemünde (Mar Báltico), de onde xurdiu a V-2 (1944), primeiro foguete balístico de longo alcance. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi traballar aos EE UU. A partir de 1950 creou en Huntsville (Alabama) os foguetes Redstone, Jupiter-C, Jupiter, Juno e Pershing. En 1955 converteuse en cidadán dos EE UU. En 1958 puxo en órbita o Explorer I, mediante un foguete Jupiter-C. Desenvolveu os foguetes da serie Saturn, xa na NASA, onde foi director adxunto no período 1970-1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, de goles, cunha aguia de sable e tres faixas de ouro brochantes (armas dos Mella); segunda partición, de ouro, cunha torre de pedra e, nacente das ameas, unha dama cunha espada na man dereita; brochante sobre o todo, escusón de azul, cargado dun M de ouro superado de coroa do mesmo; bordo de ouro cargado de oito leonciños de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista e promotora do deporte olímpico feminino. Durante a súa mocidade practicou diversos deportes, entre eles natación e hóckei, aínda que salientou principalmente como palista de remo. No ano 1915 convértese en presidenta da socieddae deportiva Femina Sport, fundada no ano 1911; ese cargo directivo permitiulle ter un papel relevante na fundación da Federación de sociedades deportivas femininas de Francia (FSFSF), en 1917, da que foi tesoureira e presidenta. En 1921 fundou a Federación Deportiva Feminina Internacional (FFSF), que asumiu a competencia da organización do deporte feminino a nivel internacional, o que lle levou a esixir a participación feminina nos Xogos Olímpicos. Ante a negativa do barón de Coubertin, organizou en 1921 o primeiro evento deportivo feminino internacional en Montecarlo, que se repetiu en 1922 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO