Millia
Millia
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, de goles, cunha aguia de sable e tres faixas de ouro brochantes (armas dos Mella); segunda partición, de ouro, cunha torre de pedra e, nacente das ameas, unha dama cunha espada na man dereita; brochante sobre o todo, escusón de azul, cargado dun M de ouro superado de coroa do mesmo; bordo de ouro cargado de oito leonciños de sable.