"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro romántico. Acadou un grande éxito co poemario Primaveras (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ḥ ā ǧ ib (chanceleiro e responsable das finanzas) de Córdoba coñecido na historiografía galega co nome de Almanzor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema para a dixitalización e organización de bases de datos de audio e vídeo, empregado especialmente en emisoras de radio e televisión e en empresas de distribución de contidos multimedia por redes de telecomunicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de admiración.

    2. Obxecto de admiración, recoñecemento e aprecio.

    3. Impresión positiva ou negativa que se produce na persoa por algo que non se agarda.

    4. Signo ortográfico colocado ao final (...!), por exemplo no inglés e no portugués, ou ben ao principio e ao final (....!), como no caso do galego e do castelán, dunha proposición exclamativa ou dunha interxección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é digno de admiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emoción producida pola vista, a contemplación, a consideración, dunha persoa ou cousa extraordinaria, marabillosa, dunha gran beleza; sentimento de pracer e aprobación provocado por unha persoa ou cousa que posúe algunha calidade extraordinaria, excelente.

    2. Obxecto de admiración, recoñecemento e aprecio.

    3. Impresión positiva ou negativa que se produce na persoa por algo que non se agarda.

    4. Signo ortográfico colocado ao final (...!), por exemplo no inglés e no portugués, ou ben ao principio e ao final (....!), como no caso do galego e do castelán, dunha proposición exclamativa ou dunha interxección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen admira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago Alexander, Alasca. A poboación máis importante é Angoon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas do Pacífico, no arquipélago de Bismarck, ao NL de Nova Guinea. Manus é a meirande das illas, e ten a principal poboación, Lorengau, que conta con aeroporto. Horno, Tong, Lou e Baluan son outras illas de maior tamaño do arquipélago. Os habitantes son de etnia melanesia. Descobertas por Le Maire e por Villem Schouten no 1616, foron ocupadas sucesivamente polos alemáns, polos xaponeses e polos norteamericanos, entre 1885 e 1944. En 1945 foron reintegradas á confederación australiana e na actualidade forman parte do territorio de Nova Guinea de fideicomiso australiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira da Antártida, que bordea a costa de Victoria Land e culmina nos 3.000 m de altitude do monte Whewell.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contemplar ou sentir admiración por alguén ou por algunha cousa.

    2. Producir algunha cousa admiración ou sorpresa.

    3. Sentir admiración ou sorpresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa admiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa uruguaia. Autodidacta, de temática altamente erótica e asociable ao modernismo, escribiu, entre outras obras, Cantor de la mañana (1910) e Los astros del abismo (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, médico e xornalista catalán. Afiliado á Unió Socialista de Catalunya, ingresou en Estat Català, do que foi director na clandestinidade durante a Ditadura de Primo de Rivera. Participou no Pacto de San Sebastián (agosto de 1930). Interveu na constitución de Esquerra Republicana de Catalunya. Proclamada a Segunda República Española, foi alcalde de Barcelona (1931-1933). Ministro durante a Guerra Civil dos gobernos de Largo Caballero e de Negrín. No ano 1939, exiliouse en Francia, pasando a México no 1941. Entre outras obras escribiu Catalunya i la revolució (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma rusa do nome do escritor acerbaixano Mīrza Fah ‘Alī Ā ẖ undzādā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Formou parte do grupo de marxistas chamados economistas que no 1898 se rebelaron contra G. Plekhanov, separándose do Partido Socialdemócrata Ruso. Foi director do Rabočeje Delo (A causa dos traballadores), xornal desta organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Foi durante uns anos a figura máis importante do rexurdimento político catalán. Participou na revolución de setembro en Barcelona (1868), interveu na fundación do Partit Republicà Democratic Federal e foi elixido primeiro presidente do Club dos Federalistas. Iniciou a publicación do primeiro diario en lingua catalá El Diari Català (1879). No 1866 presidiu os Jocs Florals de Barcelona, e publicou a súa obra capital: Lo Catalanisme. Motius que el legitimen, fonaments científics y soluciòns pràctiques (O Catalanismo. Motivos que o lexitiman, fundamentos científicos e solucións prácticas), exposición sistemática da doutrina catalanista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que exerce de almirante.

    2. Muller do almirante.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cara’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nau capitá da escuadra galega que se constrúe a partir do 1625 ( almirante). Logo dun curto período no que pertence á escuadra de Bizkaia, devólvese á de Galicia no 1630 a petición da Xunta do Reino de Galicia ao goberno da Coroa. No 1638, mandada por Lope de Hoces, levanta o cerco que o Arcebispo de Bordeos mantiña sobre Guetaira e Fonterrabía. Ao ano seguinte, como nau capitá dunha escuadra galega composta por 29 navíos e mandada polo mariño galego Francisco Feijoo de Sotomayor, parte de Galicia o 5 de outubro formando parte da flota que, mandada por Lope de Hoces e composta por navíos doutras rexións hispánicas, tentou acadar a superioridade no golfo de Bizkaia e no Canal da Mancha. O 29 de outubro, ao norte de Dover, despois de rexeitar os intentos de abordaxe de cinco naves holandesas, foi apresada.

    VER O DETALLE DO TERMO