Almiranta de Galicia, A

Almiranta de Galicia, A
[HIST]

Nau capitá da escuadra galega que se constrúe a partir do 1625 ( almirante). Logo dun curto período no que pertence á escuadra de Bizkaia, devólvese á de Galicia no 1630 a petición da Xunta do Reino de Galicia ao goberno da Coroa. No 1638, mandada por Lope de Hoces, levanta o cerco que o Arcebispo de Bordeos mantiña sobre Guetaira e Fonterrabía. Ao ano seguinte, como nau capitá dunha escuadra galega composta por 29 navíos e mandada polo mariño galego Francisco Feijoo de Sotomayor, parte de Galicia o 5 de outubro formando parte da flota que, mandada por Lope de Hoces e composta por navíos doutras rexións hispánicas, tentou acadar a superioridade no golfo de Bizkaia e no Canal da Mancha. O 29 de outubro, ao norte de Dover, despois de rexeitar os intentos de abordaxe de cinco naves holandesas, foi apresada.

Palabras veciñas

almiquí | Almirall i Llozer, Valentí | almiranta | Almiranta de Galicia, A | almirantado | Almirantado, illas do | almirante