Almirantado, illas do

Almirantado, illas do

Grupo de illas ao NL de Nova Guinea, que forma parte do arquipélago de Bismarck (2.072 km2). Manus é a illa máis grande e ten como principal centro de poboación Lorengau. Os habitantes son do grupo melanesio. Descubertas por Le Maire e por Willem Schouten en 1616, foron ocupadas sucesivamente polos alemáns, xaponeses e norteamericanos (entre 1885 e 1944). No 1945 foron reintegradas na confederación australiana e actualmente forman parte do territorio de Nova Guinea, de fideicomiso australiano.