almirante

almirante

(

  1. s m [ADM/MAR/BÉL]

    Oficial que ostenta o cargo supremo de toda a armada dunha nación. Oficial xeral da mariña de guerra. Actualmente, na Mariña de Guerra Española, o de Almirante é o grao de Oficial Xeneral, inferior ao de Capitán Xeneral da Armada e superior ao de Vicealmirante. É equivalente ao de Tenente Xeneral do Exército de Terra.

  2. s m [HIST]

    O título de Almirante encóntrase por primeira vez en Sicilia no s XI; usado polos xenoveses, foi xeneralizado na mariña europea durante o s XIII. Na Coroa de Aragón, o cargo de Almirante foi instituído no 1230 por Xaime I o Conquistador; nas de Castela e León, no 1248 ou 1254 por Fernando III, e tiña ao seu cargo a flota real castelá e era tamén chamado Adiantado Maior do Mar. O Almirante era o responsable da dirección da guerra marítima e estende a súa xurisdición sobre os barcos, portos e estaleiros dependentes da Armada Real. En Castela, controlaba tamén os concellos das vilas obrigados a prestar servizo militar naval.

  3. [HIST]

    Almirante do Mar

  4. [MAR]

    almirante de pesca

  5. [MAR/BÉL]

    barco almirante

  6. s m [HIST]

    Na Idade Media, caudillo, capitán.

  7. s m [LING]

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘faciana’.