"Monferrato" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Marqués de Monferrato (1188?-1192), señor de Tiro (1187-1192) e rei electo de Xerusalén, fillo e sucesor de Guillerme III de Monferrato. Axudou a Isaac II Ánxelo na loita contra os xermanos e casou coa súa irmá Teodora, da que se separou pouco despois. Entrou en Tiro en 1187 e, trala defensa do sitio de Saladino, tomou posesión da cidade. Casou en 1190 con Isabel de Anjou, raíña de Xerusalén, pero tivo que vencer, coa axuda de Filipe II Augusto de Francia, a resistencia do rei consorte Guido de Lusignan, apoiado por Ricardo I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Piemonte, Italia, comprendida case totalmente na actual provincia de Alessandria. É unha rexión esencialmente agrícola que produce viños rosados de boa calidade. Os centros máis importantes son Asti e Alba. Foi un marquesado (1000?) posuído pola familia Aleramici ata que, en 1305, pasou aos Paleólogo. Ao morrer Xoán Xurxo Paleólogo (1533), sen fillos, a sucesión foi disputada polos Gonzaga e polos Savoia. O emperador outorgoulla aos primeiros (1536). En 1575 foi convertido en ducado por Maximiliano II. Os Savoia aproveitaron a morte dos duques Francisco IV de Mantua (1612) e Vicente II de Mantua (1627) para disputar o ducado, que polo Tratado de Cherasco (1631) pasou aos Gonzaga. En 1707 o emperador outorgoullo aos Savoia, e desde aquel momento quedou vencellado á historia de Piemonte.

    VER O DETALLE DO TERMO