Monferrato

Monferrato

Rexión histórica de Piemonte, Italia, comprendida case totalmente na actual provincia de Alessandria. É unha rexión esencialmente agrícola que produce viños rosados de boa calidade. Os centros máis importantes son Asti e Alba. Foi un marquesado (1000?) posuído pola familia Aleramici ata que, en 1305, pasou aos Paleólogo. Ao morrer Xoán Xurxo Paleólogo (1533), sen fillos, a sucesión foi disputada polos Gonzaga e polos Savoia. O emperador outorgoulla aos primeiros (1536). En 1575 foi convertido en ducado por Maximiliano II. Os Savoia aproveitaron a morte dos duques Francisco IV de Mantua (1612) e Vicente II de Mantua (1627) para disputar o ducado, que polo Tratado de Cherasco (1631) pasou aos Gonzaga. En 1707 o emperador outorgoullo aos Savoia, e desde aquel momento quedou vencellado á historia de Piemonte.