"Mugardos" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xulián que dá nome ao concello de Mugardos, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ferrol, situado ao NO de Galicia e ao NO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é de 43° 27’ de latitude N e 8° 15’ de lonxitude O. Limita ao N coa ría de Ferrol, ao L co concello de Fene (comarca de Ferrol), ao S co concello de Ares (comarca de Ferrol), e ao O co concello de Ares. Abrangue unha superficie de 12,8 km 2 cunha poboación de 5.636 h (2007) distribuída nas parroquias de Franza, Meá, Mugardos e Piñeiro. A capital do concello é o lugar de Mugardos, situado a 56 Km da cidade da Coruña e a 89 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    O concello de Mugardos localízase na vertente S da ría de Ferrol e está situado en fronte do porto ferrolán, do Arsenal e da base naval da Graña. A superficie reducida fai que non se atope ningunha unidade de relevo importante no concello. De feito, se algo caracteriza a Mugardos é o seu carácter costeiro,...

    VER O DETALLE DO TERMO