"Níxer" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Que ten cornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de África occidental que está considerado o terceiro dos grandes ríos africanos, despois do Nilo e do Congo (4.160 km de lonxitude). Nace na cara S do macizo Fouta Djalon, segue a dirección SO-NL e atravesa o territorio de Mali. Na metade deste curso, ao entrar na chaira saheliana, chega a ter un caudal de 10.000 m3/s en época de chuvias. Continúa por unha rexión dunha grande aridez, onde a evaporación fai diminuír o caudal. En Lokoja está o afluente principal, o Benue, e pouco despois comeza a división nun gran delta, ata desembocar no golfo de Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria (76.363 km2; 2.775.526 h [estim 1995]). A súa capital é Minna (136.900 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África occidental, situado entre Alxeria e Libia ao N, Chad ao L, Nixeria e Benin ao S e Burkina Faso e Mali ao O (1.186.408 km2; 11.030.000 h [estim 2001]). A súa capital é Niamey.
    Xeografía física
    Presenta dous sectores ben diferenciados: a rexión sahariana, que está formada por amplos altiplanos, en cuxo centro se ergue o macizo volcánico de Aïr (Monte Gréboun, 1.944 m), que está envolto por unha chaira cuberta de dunas ou ergs, denominada Ténéré. No S, a segunda rexión esténdese desde a conca do río Níxer ata a do lago Chad, e corresponde á zona de transición entre o deserto sahariano e a chaira africana. O clima é desértico ao N, cun forte contraste entre as elevadas temperaturas diúrnas e as medias nocturnas. As precipitacións son escasas e moi esporádicas. As correntes fluviais son escasas, a excepción do río Níxer que ten bosque na súa beira. A vexetación é desértica e sahariana nunha gran parte do país e, ao S,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • chado-camítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas níxer-congo.

    2. Phylum de linguas africanas que se falan nunha área que se estende desde Senegal e Kenya ata Namibia e o extremo sur de Sudáfrica. Comprende as familias linguísticas atlántico occidental,( co wolof, o fulbe), o mandé,( co mandingo, o bambara); o voltaico, o kwa, o adamawa e  o bantú (co swahili, ruanda).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África occidental que limita ao O con Benin, ao NO e ao N con Níxer, ao NL con Chad, ao L con Camerún e ao S coa ampla fachada do golfo de Guinea (923.768 km2; 114.628.000 h [estim 2001]). A súa capital é Abuja.
    Xeografía
    O seu relevo presenta dous sectores ben diferenciados: unha gran chaira costeira, cunha altitude de 76 m, que é unha rexión formada por grandes outeiros graníticos (limitada polos ríos Níxer e Benue, ao N); e unha rexión de altiplanos, de 600 a 700 m de altitude. O clima é cálido e húmido, e a pluviosidade é moi abundante na costa. Cara ao N, onde o clima é menos chuvioso, a paisaxe toma o carácter de sabana húmida con bosque en galería e, despois, de sabana seca e, finalmente, espiñeiral. A agricultura produce arroz, legumes, mandioca, sorgo, millo, trigo, patacas, patacas doces, tomates, plátanos e plantas oleaxinosas, ademais de cana de azucre, tabaco, pemento de Guinea, xenxibre, cacahuetes, cacao...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nixeria ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nixeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Níxer ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Níxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (193-194). Fixo a carreira militar e ingresou no Senado. Foi gobernador de Siria tras o asasinato de Pertinax (191), pero, derrotado por Setimio Severo, fuxiu e foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO