Níxer

Níxer

Río de África occidental que está considerado o terceiro dos grandes ríos africanos, despois do Nilo e do Congo (4.160 km de lonxitude). Nace na cara S do macizo Fouta Djalon, segue a dirección SO-NL e atravesa o territorio de Mali. Na metade deste curso, ao entrar na chaira saheliana, chega a ter un caudal de 10.000 m3/s en época de chuvias. Continúa por unha rexión dunha grande aridez, onde a evaporación fai diminuír o caudal. En Lokoja está o afluente principal, o Benue, e pouco despois comeza a división nun gran delta, ata desembocar no golfo de Guinea.