"Naha" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao N da capital (2.702 h [1996]), a carón do río Almería. A súa economía é fundamentalmente agrícola, baseada no cultivo de froitas, hortalizas, oliveiras e esparto. Posúe tamén minas de galena.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago das Bahamas, coñecida tamén como San Salvador. Os ingleses denomínana Watling. Foi a primeira illa descuberta por Cristovo Colón.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da illa e do ken de Okinawa, situada no arquipélago de Ryūkyū, Xapón (299.851 h [1997]). Conta con industria téxtil, de cerámica e de lacas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e teólogo. Doutor en Filosofía e Letras e licenciado en Teoloxía Católica, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigación baséase nos imaxinarios sociais e na teoría construtivista de Niklas Luhmann baixo dúas liñas de aplicación empírica resumidas no traballo, no emprego e na formación e o novo sector de produción de realidade: os medios masivos. Colaborou en publicacións especializadas e escribiu El compromiso de la acción (1967), El ateísmo del último Sartre (1968) e Las fronteras de los saberes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi o primeiro dramaturgo hispánico que tentou unha renovación da escena partindo de presupostos italianos, humanistas e horacianos, tal e como formulou no “Proemio” da Propaladia, que recolle a súa produción poética e dramática, en Diálogo del Nacimiento e en seis comedias.
VER O DETALLE DO TERMO