Benahadux

Benahadux

Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao N da capital (2.702 h [1996]), a carón do río Almería. A súa economía é fundamentalmente agrícola, baseada no cultivo de froitas, hortalizas, oliveiras e esparto. Posúe tamén minas de galena.