"Narón" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Voceiro do Bloque Nacionalista Galego” que apareceu en febreiro de 1989. De periodicidade irregular, informaba sobre a zona que abrangue o concello de Narón e tamén sobre cuestións de urbanismo, saúde, ecoloxía, etc. Nalgún número inseriuse algunha páxina cultural. Esta publicación ía ilustrada con fotografías e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Narón, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello do comarca de Ferrol, situado ao N da provincia da Coruña e ao NO da Comunidade Autónoma de Galicia ( 43° 30’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Valdoviño (comarca de Ferrol) e co Océano Atlántico, ao S co de Neda (comarca de Ferrol), Ferrol e a ría de Ferrol, ao L co de San Sadurniño (comarca de Ferrol), e ao O co de Ferrol. Abrangue unha superficie de 67 km 2 , cunha poboación de 32.204 h (2001), distribuídos nas parroquias de Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos, O Val e Xubia (Santa María a Maior, San Martiño, San Xosé Obreiro, Santa Icía, Santa Rita, Santiago Apóstolo). A súa capital é a vila de Narón, situada na parroquia homónima, distante 55 km da cidade da Coruña. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Sitúase nunha área de materiais moi antigos da época paleozoica, graníticos no O e metamórficos no resto. Conta cun relevo... -
-
Relativo ou pertencente a Narón ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Narón.
-
-
-
CABOS
Cabo das costas do S do Peloponeso, Grecia, que constitúe a punta meridional do monte Taíget.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fosa mariña situada na conca oriental do Mediterráneo, entre o cabo de Taínaron e a illa de Creta. Con 4.404 m constitúe a máxima profundidade do Mediterráneo.