"Nereo" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

    1. Que combate as enfermidades venéreas.

    2. Medicamento que combate as enfermidades venéreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a cor da cinsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega, fillo de Ponto e de Xea. Pai das Nereidas e protector do mar en calma, representábase como un ancián con dotes proféticos. Negouse a dar consello a Heracles porque quería roubar as mazás de ouro do xardín de Hespérides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eunuco romano. Foi bautizado por san Pedro, xunto con san Aquileo, co que exerceu de camareiro de Flavia Domitila, neta do Emperador Vespasiano. Estando prometida a Aureliano, fillo dun cónsul, os eunucos convertérona ao cristianismo e convencérona de que fixera o voto de castidade. Deportáronos á illa de Poncia e decapitáronos. Segundo o Misal Romano foron dous militares profesionais que desertaron do exército e se converteron ao cristianismo, polo que foron martirizados en tempos de Diocleciano. Sobre o seu sepulcro en Roma, na Via Ardeatina, construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Νηρεύς, derivado de ναρός ‘que escorrega’. Nerea, a forma feminina de Nereo, quizais foi inventada      por analoxía co masculino. Presenta a variante masculina Nereu. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao acto sexual.

    2. Que se contrae por transmisión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda as enfermidades de transmisión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO