"Neva" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electrotécnico norteamericano. Durante a Primeira Guerra Mundial especializouse na detección de submarinos e, durante a Segunda Guerra Mundial, foi presidente da United State Office of Scientific Research and Development. Colaborou na elaboración da bomba atómica e construíu a primeira calculadora analóxica completa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundirse ou derreterse a neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte do departamento de Ancash, Perú, situado na cordilleira dos Andes. Cos seus 6.746 m de altitude constitúe o teito do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán situado no O de Bolivia. É o cumio máis elevado da Cordilleira Oriental andina (6.550 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Rusia que rega a rexión de Leningrado (74 km). Nace no lago Ladoga e desemboca no golfo de Finlandia formando un delta. O 15 de xullo de 1240, Alexandre Nevski obtivo neste lugar unha vitoria sobre os suecos que o converteu nun símbolo da independencia rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de nevar.

    2. Cantidade de neve que cae dunha soa vez e sen interrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU (286.352 km2; 1.998.257 h [2000]). A súa capital é Carson City. Atravesado polas Montañas Rochosas, forma parte de Gran Conca, moi accidentada e coa altitude máxima no cumio Jefferson (3.599 m), no centro do estado. O clima é de tipo continental. As dúas áreas urbanas máis importantes son Las Vegas e Reno, que concentran máis do 75% da poboación total. O turismo é a principal fonte de ingresos grazas ao xogo (Las Vegas) e á simplificación dos trámites nos matrimonios e divorcios (Reno). A agricultura é de regadío, sobre todo cerealística, e a gandaría, bovina. Posúe importantes recursos minerais, como cobre, cinc, ouro, prata e mercurio. Habitado por algunhas tribos indias, non foi colonizada ata finais de 1845. En 1848 o Tratado de Guadalupe Hidalgo pasouno de México a EE UU. Convertido en territorio desde 1861, en 1864 converteuse no 36 estado da Unión pola importancia que cobrou como fornededor de prata e ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de nevar.

    2. Que está todo cuberto de neve.

    3. Que é de cor branca como a neve.

    4. Aplícase ao touro que ten manchas brancas sobre a cor uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo en que abundan as neves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tormenta de neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de folerpas miúdas de neve que caen mesturadas con choiva e vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer a neve en folerpas miúdas que xeralmente van acompañadas de chuvia e vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pedrafita (A Teixeira). O seu cumio acada os 826 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIMA

    Cima volcánica situada no cordal occidental dos Andes, a máis alta de Bolivia con 6.520 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo máis elevado da Península Ibérica, no núcleo da cordilleira Penibética. As formas pesadas e arredondadas das lousas e dos xistos cristalinos do seu eixo non impiden que se ergan nela os picos Mulhacén (3.478 m), Veleta (3.392 m) e Alcazaba (3.366 m). A altitude baixa cando os materiais cambian de paleozoicos a triásicos, e volve ascender co triásico calcario da periferia, que se mantén nunha altitude de 2.500-2.000 m ata preto dos vales do macizo dos ríos Genil e Guadiana Menor (afluentes do Guadalquivir), Gérgal e Andarax, Cádiar e Lecrín (que forman o Guadalfeo). Estes ríos aliméntanse das neves de Sierra Nevada, que orixina os contrastes máis brutais da Península Ibérica ao pasar en 30 km de altitudes alpinas (3.000 m) ao mar. Foi declarado Parque Nacional o 11 de xaneiro de 1999 e Reserva da Biosfera en 1986. Cunha superficie de 86.208 ha pertence ás provincias de Granada e Almería. Representa os sistemas naturais ligados á media e á alta montaña mediterránea. Hai máis de 2.000...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de California, EE UU, con dirección NO-SL, situada entre o gran val central e a conca de Nevada. Acada a máxima altitude no monte Whitney (4.418 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de América meridional, situada no NO de Venezuela. É unha prolongación cara ao O da cordilleira oriental andina de Colombia. De dobramento alpino, acada a máxima altitude no pico Bolívar (5.007 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do extremo N de Colombia que se estende desde a costa do mar Caribe ata a serra de Perijá (Andes Orientais). Formada por rochas cristalinas paleozoicas (granitos, gneis e xistos), a máxima altitude está no pico de Cristóbal Colón (5.780 m).

    VER O DETALLE DO TERMO