"Nimega" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Gelderland, Países Baixos, situada na beira do río Waal (152.200 h [2000]). Grazas á comercialización de hulla da conca do Ruhr, foron creadas diversas industrias. De orixe celta, Traxano fundou nela unha colonia romana chamada Ulpia Novo Magus. Convertida en palatinado por Carlomagno e cidade imperial desde 1230, despois integrouse na Liga Hanseática. Consérvanse restos dunha capela de sete lados (s VIII) e a Grote Kerk ou Sankt Stevenskerk (ss XIII-XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados de paz concertados en Nimega entre agosto de 1678 e febreiro de 1679 para poñer fin á agresión francesa contra Países Baixos. Este feito levou a unha coalición contra Luís XIV, integrada por Países Baixos, a monarquía hispánica, o Sacro Imperio Romano-Xermánico, Brandenburgo e Lorena (1673-1674). Por este tratado, Holanda recuperou Maastricht e obtivo vantaxes comerciais; a monarquía hispánica recuperou Kortrijk, Oudenaarde, Gante, Charleroi e Limburg, pero concedeulle a Francia o Franco Condado e catorce lugares fronteirizos, e ao Sacro Imperio, a cambio de Philippsburg, cedeulle Friburgo de Brisgovia a Francia, que obtivo tamén o Ducado de Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO