Nimega, Paz de
Nimega, Paz de
Tratados de paz concertados en Nimega entre agosto de 1678 e febreiro de 1679 para poñer fin á agresión francesa contra Países Baixos. Este feito levou a unha coalición contra Luís XIV, integrada por Países Baixos, a monarquía hispánica, o Sacro Imperio Romano-Xermánico, Brandenburgo e Lorena (1673-1674). Por este tratado, Holanda recuperou Maastricht e obtivo vantaxes comerciais; a monarquía hispánica recuperou Kortrijk, Oudenaarde, Gante, Charleroi e Limburg, pero concedeulle a Francia o Franco Condado e catorce lugares fronteirizos, e ao Sacro Imperio, a cambio de Philippsburg, cedeulle Friburgo de Brisgovia a Francia, que obtivo tamén o Ducado de Lorena.