Nîmes, condado e vizcondado de

Nîmes, condado e vizcondado de

Territorio languedociano que formou parte de Septimania, fronteirizo con Provenza. En 757 foi conquistado por Pipino o Breve, que puxo á súa fronte a un conde frade. Os condes de Narbona foron xeralmente tamén condes de Nîmes. No s X estaba rexido por vizcondes, que tamén o eran de Albí. Polo matrimonio, en 1061, do vizconde Ramón Bernaldo I coa vizcondesa Ermengarda de Carcassona, os seus descendentes foron tamén vizcondes de Carcassona, Rasés, Béziers e Agde. Os vizcondes de Nîmes foron vasalos de Afonso I de Aragón e en 1185 o condado de Nîmes pasou aos condes de Tolosa. A cidade foi centro albixense, ata que foi conquistada (1226) por Luís VIII de Francia. Bernaldo Odón VI foi o último vizconde de Nîmes, a quen venceu, en 1214, Simón de Montfort, e lle fixo entregar as posesións. En 1229 Ramón VII de Tolosa cedeu Nîmes a Branca de Castela, que o incorporou á coroa francesa.